Preparámonos para a visita do rato Pérez na Casa da Lectura

Na sesión semanal de dinalización lectora deste mércores na Casa da Lectura preparámonos para a visita do rato Pérez. Leremos os contos “Quen vén esta noite?” e “As chaves dos soños” e, no obradoiro, faremos unha caixiña para gardar os nosos dentes de leite. A actividade comeza ás 18:00 horas e dende media hora antes aténdese o servizo de préstamo bibliotecario.

A semana pasada os protagonistas dos contos foron os lobos. Estas son as imaxes dese día.

Casa da Lectura 2018-11-7