Novas da asociación publicado por

Presentación do último número da Revista Galega de Educación en Gondomar

Presentación do último número da Revista Galega de Educación en Gondomar

A libraría LIBRAIDA e ESPAZO LECTURA convidan á presentación da Revista Galega de Educación (nº 54) de Nova Escola Galega, “Construíndo os afectos desde a escola”.

Dentro deste monográfico inclúese unha colaboración sobre a experiencia de Espazo Lectura, “Tecendo redes de afectos a través da lectura”. Neste artigo faise unha reflexión sobre a posibilidade de traballar os afectos e as emocións a través das narracións compartidas e dos contos, desde unha dimensión socializadora da lectura.

O acto celebrarase o xoves, 21 de febreiro, ás 20:30h en Libraida e intervirán: Antón Costa, de Nova Escola Galega; Carme Adán, coordinadora deste monográfico, e Beatriz Pereiro e Concha Costas, de Espazo Lectura.

RGE

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com