Presentación de “Os elefantes de Sokúrov”, de Antón Riveiro Coello, en Gondomar

A libraría LIBRAIDA acolle a presentación do libro Os elefantes de Sokúrov (Editorial Galaxia) de Antón Riveiro Coello. O acto celebrarase o xoves 11 de febreiro ás 20:30 na libraría. Contarase coa presenza do autor. O acto será presentado polo profesor Carlos Meixome.

Antón Riveiro Coello naceu en Xinzo de Limia (1964). É un dos escritores máis premiados e prestixiosos dos xurdidos nos últimos anos na literatura galega. Logrou, que obras como As rulas de Bakunin e Laura no deserto figuren nun lugar privilexiado das grandes novelas da literatura galega.