Presentación do disco “Aprendendo a ladrar”, de Xardín desordenado, en Gondomar

Xardín desordenado é unha reunión de músicos que dende hai algún tempo veñen musicando poetas galeg@s. Acaban de publicar o seu segundo CD, dedicado a 17 poetas mulleres e titulado “Aprendendo a ladrar” que xa comezaron a presentar en auditorios.

O venres día 11 de setembro, ás 20:30 horas, Marlene Rodrigues e Santiago Ferragud (as voces de Xardín desordenado) achegaranse á Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10 baixo, Gondomar), para presentar este novo proxecto nunha versión íntima e moi emotiva.