Presentación do novo número da Revista de Estudos Miñoranos

O venres 12 de setembro preséntase o novo número da Revista de Estudos Miñoranos. O acto, que terá lugar ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira Nº 10, baixo, Gondomar), contará coa presenza de Xulián Maure, que estará acompañado dalgúns dos autores dos artigos publicados. Haberá exemplares da revista á venda.