Presentación en Libraida do libro “Doce lúas”

A libraría Libraida acolle a presentación do libro DOCE LÚAS de Héctor Pose (Textos) e Alberto  Rodríguez (Imaxes), publicado por Axóuxere Editora. O acto será o venres, 27 de novembro, ás 20,30 horas, na libraría.

Presenta: Manuel Janeiro (profesor e escritor) e contarase coa presenza do autor do texto

Un libro diferente onde casan a palabra e a imaxe, a poesía e a prosa?

Textos e imaxes que maridan con sutil elegancia para descifrar o convivir en contextos miúdos onde a identidade, os patrimonios, a paisaxe e a condición humana revelan aspectos da face que nos compón e define. A experiencia do tempo que vive o ser, escrita como se a existencia pedise un haiku para cada instante.