Primeira sesión do club Daquelas que len

Prezados socios e socias:

Comezamos unha nova tempada tra-las vacacións do verán este próximo xoves 14 e facémolo con María Reimóndez e o seu Cobiza.

Unha distopía na que as mulleres son xa por enteiro despoxadas da sua autonomía e convirtidas en maquinaria para a reproducción e na que os afectos están case extintos.
Ciencia ficción feminista na que se exploran moitas das preocupacións sociais do noso tempo como o clasismo ou o ecoloxismo ademais do machismo.
Será ás 20.00h, este xoves 14 de outubro no Centro Neural de Gondomar.

O uso da mascarilla é obrigatorio así como manter tódalas medidas de seguridade.

Vémonos de novo moi pronto,

O equipo de Espazo Lectura.