A Portada publicado por

Primeira sesión do club Daquelas que len

Primeira sesión do club Daquelas que len

O próximo xoves 29 de outubro comezamos a tempada do club de lectura feminista Daquelas que len cunha sesión especial: a proxección do documental Tódalas mulleres que coñezo, de Xiana do Teixeiro. Un filme articulado entre conversas de mulleres diversas sobre o medo. Contaremos coa directora para ter unha charla sobre o seu traballo.
Para cumprir coas medidas adoptadas polas autoridades sanitarias temos que limitar a asistencia ata un aforo máximo de 35 persoas, polo que se abre un período de tempo para apuntarse ao Daquelas que len deste próximo 29 de outubro, onde se atenderá de maneira rigorosa á orde de inscrición, tendo prioridade @s soci@s de Espazo Lectura.
O período de inscrición rematará o mércores 28 de outubro, ás 18.00h, e ese mesmo día notificarase aos participantes a súa asistencia.
Para inscribirse hai que enviar un correo a daquelasquelen@gmail.com indicando o nome completo.
A proxección será no Auditorio Municipal Lois Tobío ás 20:00h e rematará ás 22:00h. Haberá que acudir con máscara e manter as distancias de seguridade.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com