A Portada publicado por

Primeira sesión do Club Lecturas Debuxadas.

Primeira sesión do Club Lecturas Debuxadas.

Comezamos a tempada do Club Lecturas Debuxadas coa primeira obra longa de Inés Vázquez, Aldara, a lenda do cervo branco. Cóntase a historia dun grupo de rapaces, con Aldara como protagonista, inspirada nunha lenda dos Ancares.

Será o martes, 19 de outubro, a partir das 20:00h, no Centro Neural de Gondomar. Tamén se poderá participar a través de videoconferencia (enviar correo a lecturasdebuxadas@gmail.com).

Na última sesión da tempada pasada contamos con Ana Moreiras para comentar Madialeva, cómic autopublicado nun principio e despois publicado con Aira Editorial.

A través do fío condutor da gravación dun documental, cóntanse 10 relatos baseados nas historias de Miraz que lle contaron á autora. Desta maneira créase un retrato da vida rural en distintos momentos do pasado recente dende o punto de vista de Gloria e Mirta e completado polas opinións dos demais personaxes. O debuxo supedítase á narración das historias, que flúen con moita naturalidade e facendo fácil a súa lectura.

Na segunda parte da sesión incorporouse Ana Moreiras. Falounos do proceso de traballo, de como tivo que reconstruír todo o cómic varias veces, de historias que tivo que modificar para facelas máis verosímiles, a súa teima na procura dun bo guión, e de como tivo que aprender no propio camiño sobre a creación dunha banda deseñada. Tamén nos falou do seu próximo cómic, no que xa está traballando.

Club Lecturas Debuxadas 16/06/2021

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com