Estase aproximando o mes de outubro e con el a nova programación de Espazo Lectura para a tempada 2017-2018.

Para ir quentando motores, achegamos a información sobre as primeiras propostas para os clubs Sete Vidas (de narrativa) e Lecturas Debuxadas (cómic).

SETE VIDAS

Será o día 5 de outubro, xoves, na Casa da Lectura a partir das 20:00 horas.
O libro inaugural é Terra queimada, de Ramón Caride (Edicións Embora). Estará con nós o autor a partir das 21:00 h.
Velaí unha entrevista co autor, unha crítica e mais unha interesante columna de Diego Ameixeiras:

LECTURAS DEBUXADAS

A sesión celebrarase o martes 17 de outubro, na Casa da Lectura a partir das 20:00 horas. O cómic elixido para abrir a tempada é o policíaco Lamia, de Rayco Pulido, publicado por Astiberri.

 

LENDO CONTIGO

A sesión celebrarase o martes 28 de outubro, na Casa da Lectura a partir das 12:00 horas. O título elixido para abrir a tempada é Fred Quincalla, o nómade do mar, de Teresa González Costa, publicado por Xerais. Contaremos coa presenza da autora.

 

Nos próximos días iremos dando información cumprida sobre o inicio do resto de actividades e a reorganización que vai supor deixar estar presentes na Biblioteca Municipal de Gondomar.