A Portada publicado por

Profesorado do CEIP Humberto Juanes visita o Contomar

Profesorado do CEIP Humberto Juanes visita o Contomar

O luns 11 de abril o Contomar recibe a visita do profesorado do CEIP Humberto Juanes de Nigrán, centro socio protector de Espazo Lectura, que traerá contos para lerlles aos nenos e nenas e ás súas familias, que se acheguen a Biblioteca de Gondomar. A cita, coma todas as semanas, é as 18:00 horas.

Na sesión da anterior semana achegáronse ao Contomar 36 nenos e nenas que viñeron escoitar, das voces de Susi, Claudia, Luís e Víctor, os contos de Perdido, Velliñas, A pousada encantada e Avós, respectivamente. Tamén celebramos os cumprecontos de Félix e Claudia, que levaron un marcapáxinas de agasallo. Estas son as imaxes dese día.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura