Profesorado do CEIP Serra Vincios prepara un menú de conto para o Contomar

Este luns, 24 de febreiro ás 18:00h na Biblioteca de Gondomar, o Contomar recibe a visita dun grupo de mestres e mestras do CEIP Serra Vincios que nos teñen preparado un menú de contos para degustar:

– De primeiro, A sopa queima.

– Como acompañamaneto, A galiña roxa.

– De segundo, O gato lambón.

– De sobremesa, Cocorico.

– E para rematar… Fun ao mercado, que cantaremos todos xuntiños!

Continuamos deste xeito coas sesións especiais en colaboración cos centros de ensino socios-protectores de Espazo Lectura.

Estas son as imaxes da semana pasada.