Programa de contacontos nos centros de ensino, curso 2009/2010

Programa de contacontos nos centros de ensino, curso 2009/2010

Cunha sesión para o alumnado de Ed. Infantil do CRA Antía Cal de Gondomar, péchase esta semana o programa de sesións de contacontos que Espazo Lectura desenvolveu ao longo deste curso 2009/2010 para o alumnado dos dez colexios que son socios-protectores da asociación: CEIP Chano Piñeiro (Gondomar), CEIP Souto-Donas (Gondomar), CEIP Serra-Vincios (Gondomar), CEP Xosé Neira Vilas (Gondomar), CRA Antía Cal (Gondomar), CEIP Belesar (Baiona), CPI Cova Terreña (Baiona), CEP A Cruz (Nigrán), CEIP Humberto Juanes (Nigrán) e CEIP Carlos Casares (Nigrán).
Foron 30 sesións de tres espectáculos diferentes ás que asistiron uns 1.500 nenos e nenas de distintos niveis educativos. Con elas Espazo Lectura quere achegar o seu traballo de fomento da lectura a todas as aulas do Val Miñor e agradecerlles aos colexios citados a súa colaboración na difusión do traballo da asociación.
Moitas grazas ao noso equipo de contadores e contadoras (Rosana, Irene, Trini, Luís, Rosa e Concha) que compartiron cos nenos e nenas historias de maxia, de crocodilos e de principiños, levándolles o amor polos libros e a lectura, a chave que pode abrir as portas dos soños e de moitas aprendizaxes.



Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura