Actividades publicado por

Programa lendo en familia

Programa lendo en familia

As xornadas van dirixidas a adultos e haberá un servizo de ludoteca para atender os nenos e nenas mentres as nais e pais asisten ás diferentes sesións. Só nas actividades sinaladas no programa cun asterisco (*) participarán tamén as nenas e nenos.

Se desexades asistir ás xornadas…
Podedes inscribirvos gratuitamente a través do enderezo electrónico espazolectura@gmail.com ou chamando ao número 619292991.

PROGRAMA

Venres, 16 de outubro

  • 17:00h. Acto de inauguración das xornadas.
  • 17:30h-18:30h. Conferencia inaugural. Concha Costas, presidenta de Espazo Lectura. “Ler en familia: unha responsabiblidade e un pracer”.
  • 18:30h-19:30h. Cristina Novoa, asesora de bibliotecas escolares da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. “As bibliotecas como apoio das familias”.
  • 19.30h.-20:30h. *Traslado en autobús á Casa da lectura (Donas) e sesión de contacontos a cargo de Rosana Estévez, vicepresidenta de Espazo Lectura e coordinadora da área de dinamización.

Sábado, 17 de outubro

  • 10:30h-11:30h. Obradoiro de contacontos con Paula Carballeira, contadora e actriz.
  • 12:00h. *Contacontos de Paula Carballeira.
  • 13:00h. Visita á exposición de materiais e presentación da guía das xornadas.
  • 14:00h-16:30h. Xantar.
  • 17:00h-18:30h. Mesa redonda: “A experiencia de medrar nunha familia que le”. Participan Dolores Vilavedra, profesora da Universidade de Santiago e nai nunha casa na que se le. María do Cebreiro, escritora e filla nunha casa na que se le.
  • 19:00h-20:00h. Conferencia de clausura. Agustín Fernández Paz, escritor. “Ler en lingua galega”.
Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura