Recomendamos publicado por

Programación Letras Galegas do Centro Cultural de Chaín

Programación Letras Galegas do Centro Cultural de Chaín

O Centro Cultural A Merced, de Chaín organiza unha serie de eventos para a vindeira fin de semana, con motivo da celebración das Letras Galegas.

 O sábado 17 de maio, ás 21:00h, no auditorio do Centro Cultural de Chaín, o grupo Aloia Teatro (de Tui) representará a obra “A idade do pavosaurio”. Entrada de balde ata completar aforo.
O domingo 18, a partir das 11:15, seis grupos folclóricos cun total de 120 participantes percorrerán as rúas Eduardo Iglesias, Elduayen e Avda. Conde de Gondomar ata a praza do concello, onde terá lugar a presentación da XXII edición do Festival Folclórico Facendo Amigos, que por vez primeira ten lugar no centro urbano de Gondomar. Acto seguido as agrupacións concentraranse nas rúas Ánimas, Praza do Centro de de Saúde e Rosalía de Castro para actuar nos tres escenarios ó mesmo tempo.
Os seis grupos participantes veñen dende os tres concellos do Val Miñor e son: Froles do Galiñeiro, de Vincios;  Escola de danza Vila de Baiona; Airiños da Lagoa, de Baíña; Fíbulas, de Gondomar; O Torreiro, de Priegue e o Grupo de Baile do Centro Cultural de Chaín.
facendo amigos
Facebook Twitter Digg Email
1

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com