Gondomar lendo para medrar publicado por

Propostas aos grupos municipais para o fomento da lectura (4): Consello Municipal da Lectura

Propostas aos grupos municipais para o fomento da lectura (4): Consello Municipal da Lectura

Espazo Lectura propón a creación dun Consello Municipal da Lectura, que estea formado por representantes de colectivos e entidades de índole relacionada coas institucións públicas, centros educativos, asociacionismo cultural e veciñal…

A misión fundamental dese Consello Municipal da Lectura debe ser elaborar un Plan Bianual de Fomento da Lectura no que se inclúan medidas e accións concretas destinadas a mellorar a presenza da lectura nos diferentes sectores sociais en Gondomar.

Neste plan as accións e iniciativas terían que ter como eixo central a Biblioteca Municipal e contarían coa colaboración ou coordinación de Espazo Lectura.

Facebook Twitter Digg Email

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *