Puntos e círculos na Casa da Lectura

Um livro

O mércores 3 de abril a Casa da Lectura acollerá a partir das 18:30h unha nova sesión de dinamización lectora que convidará os nenos e nenas a xogar coas posibilidades expresivas dos puntos e dos círculos a partir da lectura de títulos como Um livro, de Hervé Tullet; O punto, de Peter H. Reynolds; Aquiles o puntiño, de Guia Risari e Marc Taeger; ou Pequeno azul, pequeno amarelo, de Leo Lionni.

Nesta galería fotográfica pódense ver varios momentos da sesión de dinamización do día 20 de marzo.