A Portada publicado por

Puntos e máis puntos, na Casa da Lectura

Puntos e máis puntos, na Casa da Lectura

Na sesisón de dinamización lectora deste mércores 29 de abril na Casa da Lectura os puntos son os protagonistas. Con eles xogaremos e aprenderemos a través dos contos Un libro, De cores e de amores e Aquiles o puntiño. A sesión comeza ás 18:00 horas e media hora antes aténdese o servizo de préstamo de libros.

A semana pasada, con motivo da conmemoración do Día do Libro, acompañounos o autor Miguel Anxo Alonso Diz. Trouxo con el a tres das súas criaturas: O soño de Esther, O valente coello que quixo soñar e O cullarapo Croque. A Casa da Lectura encheuse de poesía, cancións e debuxos luminosos. Porque Miguel aprendeunos a debuxar con luz. Estas son as imaxes da sesión.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura