Quen somos

UNHA ASOCIACIÓN PARA O FOMENTO DA LECTURA

Quen somos

Espazo Lectura é unha organización non gobernamental fundada para o fomento e a animación á lectura en lingua galega. Está situada en Gondomar, no Val Miñor, e organiza actividades sen ánimo de lucro relacionadas coa promoción lectora, así como calquera outro tipo de iniciativas que teñan que ver coa promoción da lectura e do libro como referentes de benestar social e coa consideración do libro como elemento socializador, indispensable para elevar o nivel educativo, a conciencia crítica, a capacidade analítica e, en definitiva, a calidade de vida e o ocio das persoas.

Para levar a cabo os seus fins, Espazo Lectura mantén unha programación, tanto estable coma conxuntural, en relación cos cometidos que persegue, atendendo ao principio de que o libro ou a lectura sexan o elemento nuclear e de referencia. As populares sesións de contacontos coñecidas baixo o nome de Contomar son a actividade fundacional da asociación.

O traballo de Espazo Lectura oriéntase basicamente en tres liñas principais: a creación e animación de clubs de lectura, a divulgación e sensibilización, e a formación especializada en fomento da lectura.

O funcionamente interno de Espazo Lectura é abertamente democrático e baséase no consenso. A asociación consta dunha Xunta Directiva formada por 8 membros, de carácter executivo; dun Consello Operativo, formado por 18 membros, que se reúne dúas veces ao ano e avalía todas as actividades e o funcionamento interno da asociación; e da Asemblea Xeral, que é o órgano de representación de todos os socios e socias. Ademais, existen distintas comisións de traballo por áreas ou actividades.

Contacto: espazolectura@gmail.com ou 608 087 119

Xunta Directiva:

A Xunta Directiva de Espazo Lectura está formada polas seguintes persoas:

Presidenta: Beatriz Núñez
Vicepresidenta: Yaiza Peixoto
Tesoureira: Mar García
Secretario: Xoán Cruz
Vocalía de Xestión Interna: Cristina Álvarez
Vocalía de Coordinación: Beatriz Pereiro
Vocalía de Accións Especiais: Fran Alonso
Vocalía de Loxística: Luís Domínguez

Consello Operativo:

O Consello Operativo de Espazo Lectura está formado polos membros da Xunta Directiva mais as seguintes persoas:

Anxo Iglesias Mariño
Concha Costas
Félix Rodríguez
Bieito Legaspi
Fátima Granja
María Jesús Garrido
Anaír Rodríguez
Xosé Manuel Moo
Rosana Estévez
Carmen Campo
Marta Fernández Carneiro

Coordinadores de áreas ou actividades:

Coordinación da web e comunicación: Anaír Rodríguez
Coordinación de publicacións: Xosé Manuel Moo
Coordinación do Contomar: Mar García Hermida, Fátima Granja Paz e Marta Fernández Carneiro
Coordinación da Casa da Lectura: Beatriz Pereiro, Rosana Estévez, Eva María Fernández e Natalia Gantes Mella. Coa colaboración de Andrea Michèle Rosario.
Coordinación do Lendo Contigo: Yaiza Peixoto, Luís Domínguez, Anxo Iglesias e Víctor Pérez
Coordinación do Sete Vidas: Bieito Legaspi e Marisú Garrido
Coordinación do club Lecturas Debuxadas: Félix Rodríguez e Óscar Fernández
Coordinación das Noites Golfas: Fran Alonso
Coordinación de Contos en Cueiros: Anaír Rodríguez, Beatriz Núñez, Beatriz Pereiro, Auri Fontan, Alma Alonso, Ángeles Rodríguez e Mirian Rodríguez
Coordinación do Comando Le: Concha Costas, Xoán Cruz e Cristina Álvarez
Coordinación da Oficina de Formación: Fran Alonso e Beatriz Pereiro
Coordinación do Dar de ler como quen dá de beber: Bieito Legaspi e Luís Domínguez
Banda dos Cueiros: Pablo Rial Salgueiro, David Rodríguez, Xosé Manuel Moo, Anxo Iglesias, Sabela Salgueiro e Félix Rodríguez

[/span4][/row]

Descargar (PDF, Unknown)