Contomar publicado por

Ratiña linda en imaxes

Ratiña linda en imaxes

Como xa informamos, arredor de 90 nenos déronse cita o pasado luns na representación da obra de teatro Ratiña Linda, a cargo da compañía Casa Hamlet, baseada no conto de Bernardino Graña Rata linda de Compostela. Os nenos e nenas asistentes foron agasallados con cadanseu libro. O espectáculo, xestionado por Espazo Lectura en colaboración de Xerais e Política Lingüística, tivo lugar na Biblioteca Municipal de Gondomar e constituíu unha sesión especial do Contomar, que se despide ata final do verán. Esta é unha pequena crónica en imaxes.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com