Reciclamos na Casa da Lectura

A sesión de dinamización lectora deste mércores, na Casa da Lectura, xirará arredor da reciclaxe. Os contos que se lerán nesta ocasión serán Eu non fun e O zoo de Xoquín. Despois haberá un obradoiro no que faremos un “zoo colgatodo”.
A actividade comezará ás 18:30 horas e unha hora antes a Casa da Lectura xa estará aberta.

A semana pasada, da man do libro Abrapalabra! de Antón Cortizas, desciframos a linguaxe dos paxaros, tal e como se pode ver nestas imaxes do fotógrafo Manuel G. Vicente.

2 comentarios

  1. Pero que listos son eses paxaros!

    Un bico rechouchio a todo o grupo de Espazo lectura.

    Antón Cortizas

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *