Resposta de Espazo Lectura ás declaracións do alcalde de Gondomar

Ante as desafortunadas declaracións e reacción do alcalde de Gondomar Espazo Lectura quere manifestar o seguinte:

  1. Tras as denuncias de Espazo Lectura, lamentamos a resposta do alcalde por non ser nada conciliadora, como correspondería a un cargo institucional, e por non convocarnos a unha reunión consensuada entre ambas as partes para tratar de dialogar e solucionar os problemas que denunciamos. Espazo Lectura fixo público un documento coas súas consideracións sobre a Biblioteca Municipal de Gondomar e non vai ter ningún problema en sentar a falar sobre el cos representantes do Concello de Gondomar.
  1. A decisión de suspender as actividades infantís na Biblioteca Municipal de Gondomar é a consecuencia de moitos meses de falta de
    Edificio da actual Casa da Lectura remodelado por nós.
    Estado inicial en 2008 do edificio da actual Casa da Lectura, cando nos fixemos cargo del e o remodelamos coas nosas propias mans.

    comunicación e desencontros, e a remodelación da Biblioteca foi a gota que fixo rebordar o vaso. Así que, se nos vimos obrigados a suspender as actividades, non foi consecuencia nin dun impulso puntual nin dunha decisión unilateral, senón que non nos deixaron outra alternativa. Tampouco pode causar sorpresa: o Concello de Gondomar hai moito tempo que está informado das dificultades pero nunca tivo interese en falar delas con Espazo Lectura: habitualmente non contestan ás nosas peticións de reunións e nin sequera aos correos electrónicos que lles enviamos. Ademais, Espazo Lectura comunicoulle á Concelleira de Educación os problemas que creaban os cambios de mobiliario nas actividades pero desde o Concello negáronse a buscar unha solución de consenso sobre a reorganización do mobiliario. Non entendemos como o alcalde presume agora de dar a cara e de acudir á Biblioteca para explicar as «melloras» e, en cambio, ao longo de dous anos nunca asistiu a ningunha das máis de duascentas actividades que organizou Espazo Lectura neste tempo, aínda que foi convidado, nin se interesou por elas, nin sequera no seu Facebook. Francamente, todo iso demostra moi pouca vontade.

  1. Respecto desa suposta subvención de 5.000€ á que fai referencia o alcalde, como xa se di previamente no noso documento, non se
    17621662_10154453309753310_7409323925081123527_o
    Obras realizadas en 2008 polos voluntarios de Espazo Lectura no seu tempo libre na actual Casa da Lectura.

    trata realmente de ningunha subvención senón dunha reserva de crédito que o Concello fai desde hai moitos anos para apoiar as actividades que, de xeito voluntario e desinteresado, Espazo Lectura organiza na Biblioteca Municipal. Ese diñeiro non pasa nunca polas mans da asociación e con el o Concello paga directamente os gastos de escritores/a, tradutores/as, ilustradores/as contacontos e outros espectáculos que acompañan e enriquecen as actividades de dinamización que realizamos e que supoñen unha importante oferta cultural para a cidadanía de Gondomar. Espazo Lectura sempre quixo que fose así para garantir a máxima transparencia e a súa independencia dos poderes públicos. A asociación nunca na súa historia ingresou nin sequera un euro procedente do Concello. Os voluntarios de Espazo Lectura nunca cobraron nin pretenden cobrar polo seu traballo desinteresado.

  1. Respecto da referencia que fai o alcalde á Casa da Lectura como un local do que dispón Espazo Lectura «con todo pagado y sólo para ellos», Espazo Lectura xa explicou no documento como, a través dun acordo co colexio de Donas e a Xunta no ano 2008, convertemos un local abandonado e en mal estado, grazas ao traballo voluntario nas nosas horas libres, nunha biblioteca de servizo público que fai préstamo de libros ás familias todas as semanas. Todo os libros e material dotacional que existe dentro da Casa da  Lectura son propiedade da asociación, que o obtén grazas aos acordos e convenios de
    17553545_10154453303488310_992356652119487585_n
    A Casa da Lectura, creada polo voluntariado de Espazo Lectura en 2008-2009. Aquí seguimos en 2017, facendo actividades para as familias e préstamo bibliotecario para as familias no noso tempo libre.

    colaboración aos que chegou con distintas entidades, como por exemplo 12 editoriais, e están á disposición das familias, sexan ou non socias de Espazo Lectura. Todos os mércores facemos alí unha sesión de dinamización lectora con actividades infantís, xestionada de xeito altruísta e desinteresado por un equipo de voluntarios e voluntarias que pon o seu tempo e o seu traballo ao servizo da cidadanía. Onde está o beneficio de Espazo Lectura ao que, indirectamente, o señor alcalde fai referencia? Se alguén se beneficia do traballo de Espazo Lectura non somos as persoas que xestionamos a asociación (para nós todas estas actividades supoñen traballo e moitas horas de dedicación), senón os nenos e nenas que asisten coas súas familias.Eles e elas serán os prexudicados, e non nós, se finalmente a falta de entendemento trae como consecuencia a suspensión definitiva da programación na Biblioteca Municipal de Gondomar.

  • Comprendemos perfectamente que haxa xente que precisa estudar e documentarse na biblioteca, pero a dinamización da lectura a través de actividades é, desde hai moitos anos, unha estratexia fundamental en todas as bibliotecas do mundo. Precisamente por iso, para que a xente que desexa documentarse e estudar poida facelo, Espazo Lectura defende no seu documento a separación de distintos usos e espazos por zonas na biblioteca, de xeito que poidan convivir todo tipo de usuarios/as e iso é precisamente o contrario do que conseguiron, por non asesorarse, as obras do Concello, que converteron aínda máis o espazo da biblioteca nun lugar único e que, ademais, suprimiron a sala de estudo da planta superior. Remitimos a esta web de bibliotecarios profesionais onde se fala dese conflito, que é moi vello nas bibliotecas e está bastante superado:

http://www.biblogtecarios.es/mercedescarrascosa/bibliotecas-silenciosas-vs-bibliotecas-ruidosas/

Pero para falar sobre a biblioteca, é mellor que falen os datos oficiais: neste cadro actualizado e elaborado a partir dos datos da Rede de Bibliotecas de Galicia podemos comparar a Biblioteca de Gondomar coas de Baiona e Nigrán. Sen palabras. Así que, novamente, queda claro que é preciso buscar solucións reais e reiteramos a nosa disposición a falar e dialogar en canto nos chamen desde o Concello.

 Rede Meiga