RevolucionARTE a versos, con Fran Alonso, no Comando Le

Este sábado 17 de marzo, a partir das 20:00h, a Casa da Lectura vai acoller unha nova sesión do Comando Le que terá como protagonista a poesía. Na primeira parte, contaremos coa presenza de Fran Alonso e o seu espectáculo RevolucionARTE a versos; na segunda parte, logo da cea compartida, os comandoleiros e comandoleiras participarán nun obradoiro de poesía.

A continuación pódense ver as fotos da sesión de febreiro, na que recibimos a visita de Víctor Pérez, de Pasatempos, escola de tempo libre, e membro do equipo de voluntariado de Espazo Lectura, quen realizou cos rapaces e rapazas diferentes obradoiros de dinamización lectora:

Comando Le, 2018/02/24