Novas da asociación publicado por

Rinoceronte Editora, novo socio protector de Espazo Lectura

Rinoceronte Editora, novo socio protector de Espazo Lectura

Dende Espazo Lectura damos a benvida e agradecemos a súa colaboración e compromiso co noso proxecto de dinamización lectora a Rinoceronte Editora, que se incorpora como socio protector da asociación.
Rinoceronte Editora creouse en Cangas do Morrazo no ano 2005 cunha idea: traducir ao galego literatura estranxeira, fundamentalmente recente, atendendo en especial a ámbitos culturais e lingüísticos dende os que nunca se importara nada á nosa lingua. Dese xeito, foron pioneiros en traducir dende o finlandés, o húngaro, o xaponés, o islandés ou o hebreo.

Os socios protectores de Espazo Lectura son, segundo os propios estatutos da organización, “aquelas persoas físicas ou xurídicas que, a xuízo da Xunta Directiva, contribúen materialmente e de forma notable ao sostemento da asociación”. Rinoceronte Editora súmase así a outras editorias que xa forman parte de Espazo Lectura como Patasdepeixe Editora, Edicións do Cumio, Galaxia, Kalandraka, OQO, Rodeira e Xerais. Deste xeito, entre editoras, empresas culturais como Berrobambán e centros de ensino, Espazo Lectura suma xa 19 socios protectores aos que a asociación lles quere expresar o agradecemento polo seu apoio.

Facebook Twitter Digg Email

You must be logged in to post a comment.

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com