A Portada publicado por

Saímos sen rumbo polo mundo na Casa da Lectura

Saímos sen rumbo polo mundo na Casa da Lectura
O próximo mércores, 14 de outubro, na Casa da Lectura, seguiremos os pasos de Caterina e o oso sen rumbo polo mundo na procura de contos. Nesta viaxe, grazas ao noso pasaporte, atoparemos a O sultán e os ratos, a historia de Pedra, pau e palla e a Mariluz Avestruz.
A actividade comeza ás 18:00h e dende media hora aténdese o servizo de préstamo.
O mércores pasado inauguramos a nova tempada na Casa da Lectura coa presenza da actriz e contadora Charo Pita que, cos seus contos contos contados e cantados, nos contaxiou a súa enerxía e vitalidade. Estas son algunhas das imaxes dese día.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura