Semana do Libro e a Lectura: do 22 ao 27 de abril de 2013

Espazo Lectura presenta o programa completo da Semana do Libro e a Lectura 2013, con motivo da celebración do día do libro o 23 de abril. Trátase dun calendario de actividades diarias dende o luns 22 ao sábado 27 de abril.

– Luns 22 ás 18:00h (Biblioteca Municipal Gondomar)
CONTOMAR
Sesión especial: PAVÍS PAVÓS
Espectáculo: TRES CONTOS E PICO

– Martes 23 de 10:30h a 13:00h (Parque da Coelleira)
CONTOS NA COELLEIRA (350 nenos e nenas de sete colexios do Val Miñor compartirán contos)
Actuación: FANTOCHES BAJ e os VELOCÍCLOPES
Espectáculo: RODAR I RODARI. CONTOS DO TRANVÍA

– Martes 23 ás 20:00h (Biblioteca Municipal Gondomar)
CLUB LECTURAS DEBUXADAS
Cómic proposto: TITOÁN (Edit. Demo) Contaremos coa presenza dos autores, INACIO VILARIÑO e IVÁN SUÁREZ

– Mércores 24 ás 18:30h (Casa da Lectura, Donas, Gondomar)
Sesión especial: MARISA IRIMIA
Espectáculo: O MISTERIO DAS CINCO PORTAS

– Xoves 25 ás 19:00h (Biblioteca Municipal Gondomar)
COMANDO LE
Obradoiro de poesía: POESÍA E CHOCOLATE: DOUS PRACERES INTENSOS E ESCUROS, impartido por CARLOS NEGRO

– Venres 26 ás 20:00 h (Nornas Hostel)
DAR DE LER COMA QUEN DÁ DE BEBER (sesión de lecturas compartidas en voz alta)

– Sábado 27 ás 12:00h (Biblioteca Municipal Gondomar e praza do Centro de Saúde)
Sesión especial do CLUB DE LECTURA COMPARTIDA LENDO CONTIGO
Libro proposto: O PRINCIPIÑO, de Saint-Exupèry (Galaxia). Con lectura pública, en familia e en voz alta e moitas máis sorpresas.

– Sábado 27 ás 17:30h (Biblioteca Municipal Gondomar)
CONTOS EN CUEIROS (para bebés de 0 a 3 anos)
Sesión especial: TEATRO DA SEMENTE
Espectáculo: VIAXE A DADÁ

cartel_VI_dar_de_ler_sen