Casa da Lectura publicado por

Semana do libro: sesión especial na Casa da Lectura con Marisa Irimia

Semana do libro: sesión especial na Casa da Lectura con Marisa Irimia

Con motivo da celebración da Semana do Libro e a Lectura, os mércores da Casa da Lectura acollen unha sesión de dinamización lectora especial da man da contadora Marisa Irimia.

Marisa Irimia presentaranos O misterio das cinco portas: unha historia na que se xoga coa linguaxe e na que, con adiviñas e enigmas, os nenos e nenas descubrirán a maxia do mundo das palabras. Será o mércores 24 de abril a partir das 18:30 horas.

Estas fotos son da sesión da semana pasada, cando recibimos a visita dun peixe que contou contos e cantou cancións.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura