A Portada publicado por

Sesión con Raquel Queizás no Comando Le

Sesión con Raquel Queizás no Comando Le
O próximo sábado 30 de novembro a actriz e contadora Raquel Queizás vai estar na Casa da Lectura para presentar o seu espectáculo Cinema de historias da man de Alice Guy, co que nos achegaremos a temas como a narración, o teatro, o cine e o feminismo. Na segunda parte da sesión, logo da cea compartida, os comandoleiros e comandoleiras escribirán e escenificarán un pequeno guión de cine. Esta nova sesión do Comando Le, o grupo de activismo cultural de Espazo Lectura para mozos e mozas de máis de 12 anos, comezará ás 20:00h e rematará, como é habitual, ás 00:00h.
 
Deixamos a continuación as imaxes da sesión de outubro, na que presentamos a actividade e celebramos un magosto literario:

Comando Le 26/10/2019

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com