Club de Lectura Sete Vidas publicado por

Sesión de maio do Sete Vidas

Sesión de maio do Sete Vidas

Velaquí tres imaxes da dobre sesión do club de lectura Sete Vidas celebrada o martes pasado en colaboración coa libraría Libraida e Edicións Xerais de Galicia. As primeiras reflicten os asistentes ao club de lectura falando sobre o libro Erros e tánatos. A terceira é un momento da presentación do interesante e divertido encontro co escritor Gonzalo Navaza na libraría Libraida. O autor contou como foron “cociñados” cada un dos relatos do libro: as anécdotas que os inspiraron, as técnicas e recursos literarios empregados, o momento en que decidiu publicalos, etc.


A próxima sesión do club de lectura será o martes 2 de xuño e o libro proposto é Porca terra de John Berger, publicado en galego por Rinoceronte Editora.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com