Contos en Cueiros coa actriz e narradora Raquel Queizás, dentro da programación da Semana do Libro e a Lectura

O venres 27 de abril celebraremos unha sesión especial de Contos en Cueiros, dentro da programación da XI Semana do Libro e a Lectura. Será na Casa da Lectura (Donas, Gondomar) a partir das 18:00 horas. Nesta ocasión, contaremos coa presenza da actriz e narradora Raquel Queizás, e o seu espectáculo “A viaxe de Nano”.

Criterios de inscrición

Contamos cun aforo limitado a 15 bebés acompañados de 1 persoa adulta. Os criterios de inscrición son os seguintes:

– Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición.

– Para inscribirse cómpre enviar un correo a contosencueiros@gmail.com e facilitar:

– o nome do bebé
– o ano denacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2015 ou despois
– o nome da persoa adulta que o vai acompañar
– un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera)
– en caso de ser socios/as, o nome do socio/a

– Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza. Ese correo enviarase o día en que remata o prazo de inscrición: MÉRCORES anterior á sesión ás 12:00 h do mediodía.

O venres 23 de marzo celebramos a sesión de marzo de Contos en Cueiros. Nesta ocasión tivemos a sorte de que boa parte dos membros da Banda dos Cueiros puideron achegarse á Casa da Lectura a tocar o seu repertorio de cancións.
Antes de comezar o concerto, María, a nova incorporación á coordinación da actividade, leu “Paxariña de papel” e, con ese conto, demos paso á Banda, que comezou tocando precisamente a súa versión musical deste conto e logo interpretou moitas das cancións do disco e mesmo algunha inédita!