A Portada publicado por

Sesión especial de Contos en Cueiros dentro da Semana do Libro de Espazo Lectura

Sesión especial de Contos en Cueiros dentro da Semana do Libro de Espazo Lectura

O venres 26 de abril, a partir das 18:00 horas, celébrase unha nova xuntanza de Contos en Cueiros. Nesta ocasión, a sesión correrá a cargo da libraría DONDE VIVEN LOS CUENTOS, de Nigrán, que teñen preparada unha viaxe sensorial a través de diferentes illas nas que viviremos aventuras sorprendentes ao tempo que aprenderemos conceptos como: as cores, os números, as formas ou as partes do corpo, empregando contos, cancións, xogos, música…

Para partiticipar é preciso inscrición previa.

Criterios de inscrición

Contamos cun aforo limitado a 15 bebés acompañados de 1 persoa adulta. Os criterios de inscrición son os seguintes:

– Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición.

– Para inscribirse cómpre enviar un correo a contosencueiros@gmail.com e facilitar:

– o nome do bebé
– o ano denacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2016 ou despois
– o nome da persoa adulta que o vai acompañar
– un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera)
– en caso de ser socios/as, o nome do socio/a

– Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza. Ese correo enviarase o día en que remata o prazo de inscrición, o mércores anterior á sesión.

 

Deseguido pódense ver as imaxes do último encontro, dedicado ás cores.
CONTOS EN CUEIROS,2019/03/29

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com