Sesión especial na Casa da Lectura, para despedir o ano

Na Casa da Lectura celebramos a despedida do ano 2015 da actividade de dinamización lectora de todos os mércores cunha sesión especial na que faremos medrar unha árbore grazas a “Xaime e as landras”, unha árbore que despois, como non podía ser doutro xeito nestas datas, decoraremos con luces e laghuchadas aos petos de Loreto. A sorpresa está asegurada.
Coma todas as semanas, a actividade comeza ás 18:00 horas e media hora antes aténdese o servizo de préstamo bibliotecario. A seguinte sesión será á volta das vacacións escolares de Nadal.

A semana pasada estivemos acompañados de Xela e Fran que nos encheron a Casa de versos e rechouchíos. Ademais do regalo auditivo de rechouchíos e versos, aprendemos moito e de moitas aves que temos aquí moi pretiño de nós. No obradoiro fixemos un comedeiro para paxaros cun rolo de cartón, crema de manís e alpiste. Estas son as imaxes dese día.