A Portada publicado por

Sete Vidas este xoves 14 de xaneiro

Sete Vidas este xoves 14 de xaneiro

O xoves 14 de xaneiro o Sete Vidas celebrará a súa primeira sesión do 2021. Falaremos de Morrerei outro día, de Isabelle Alonso, editado por Hugin e Munin (tradución de Xabier Ron e Isabel Soto). Será ás 20:00 h por videoconferencia.
Nesta novela a autora, filla de republicanos españois exiliados en Francia, reivindica e recupera, a través dos recordos de seu pai, a memoria dos vencidos.

O mércores 9 de decembro o Sete Vidas e o Lecturas Debuxadas reuníronse on line para falar de Frankenstein, de Mary Shelley, e da súa adaptación ao manga do xaponés Junji Ito. A lectura gustou moito entre os participantes, e todos estiveron de acordo en que a edición de Aira Editorial é marabillosa (ilustrada por Miguel Robledo).
Tivemos un interesante debate sobre quen é o verdadeiro monstro da historia: o doutor Frankenstein, por suposto, que abandonou a súa criatura cando máis o necesitaba. Tamén falamos da autora, Mary Shelley, que comezou a novela con só 18 anos, durante o verán de 1816.
O manga de Junji Ito foi un gran acompañante para a novela, especialmente para aqueles que lían por primeira vez unha obra deste tipo. Chamou a atención o contraste entre o debuxo da criatura e o do resto das personaxes, facendo destacar o seu aspecto terrorífico; e tamén a decisión do autor de desviarse da historia orixinal, introducindo elementos certamente inquietantes.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com