Socios/as

Como ser membro de Espazo Lectura?

Espazo Lectura é unha asociación aberta a todas as persoas que desexen integrarse ou participar nela, de xeito activo ou pasivo, e que estean de acordo cos seus principios fundacionais e cos seus estatutos, que están a disposición de calquera persoa nesta web.

Espazo Lectura abriu o proceso de captación de socios/as. Os socios/as formarán parte da Asemblea Xeral da asociación, que se convocará, cando menos, unha vez ao ano. Para facerse socio/a basta con contactar con algún membro da directiva de Espazo Lectura ou con solicitalo por correo electrónico e cubrir un formulario. Os socios/as achegarán unha pequena cota económica anual. Os socios/as poden ser pasivos, pero tamén poden participar activamente colaborando coa asociación nalgún ámbito determinado.

COTA ANUAL

A cota anual é de 30 euros (cota mínima) para socios/as numerarios, excepto para estudantes, parados e xubilados, que queda establecida en 15 euros ao ano. Se o asociado/a desexa colaborar no financiamento da asociación, tamén se establecen outras cantidades maiores (40 euros anuais, 50 euros anuais ou outra cantidade determinada polo socio/a).

Faite socio/a de Espazo Lectura. Cubre os datos e envíanolos por correo electrónico (espazolectura@gmail.com).

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com