«Sócrates», no Lecturas Debuxadas de marzo

O martes 26 de marzo o Club Lecturas Debuxadas reunirase arredor do cómic «Sócrates», de Sfar e Blain. Os universos creativos de Joann Sfar e Cristophe Blain xúntanse nesta obra inconclusa para falar do can filósofo e as súas vivencias na Grecia antiga e mitolóxica. A sesión terá lugar a partir das 20:00 horas, na Casa da Lectura.

Deseguido pódense ver algunhas fotos da anterior sesión anterior, arredor da obra «O tesouro de Lucio. Vida de Lucio Urtubia», de Belatz:

Club Lecturas Debuxadas, 19/02/2019