Sombreiro, acordeón, guitarra, contos… este mércores na Casa da Lectura

Sombreiro, acordeón, guitarra, contos… Que se está a argallar para a sesión de dinamización lectora deste mércores, ás seis da tarde, na Casa da Lectura? Vinde e saberédelo. Agardámosvos!

O mércores pasado, dentro da programación da Semana da Reivindicación Lectora, a Casa da Lectura acolleu unha fantástica sesión do actor e contador Inacio Vilariño. Música, humor e tradición oral mesturáronse nun divertido espectáculo para toda a familia. Aquí pódense ver as fotos: https://goo.gl/photos/CtJYLzYsWGSxccmD9