Street poems, no Comando Le

Este próximo sábado 26 de marzo ás 20:00h a Biblioteca Municipal de Gondomar acollerá unha nova sesión do Comando Le dedicada á poesía.

A partir da lectura do libro Street poems, os comandoleiros e comandoleiras participarán nun encontro co autor, Fran Alonso, que lles ofrecerá o seu espectáculo poético “RevolucionARTE a versos”.

Deixamos a continuación as imaxes da sesión de febreiro, que estivo dedicada á novela gráfica Subnormal e na que nos acompañaron os autores, o debuxante Miguel Porto e o guionista Fernando Llor:

Comando Le 19/02/2022