A Portada publicado por

Subimos unha escada vermella, no Contomar

Subimos unha escada vermella, no Contomar

O luns 7 de marzo continúan as sesións do Contomar. Ese día contaremos, entre outras historias, Un día de treboada e A escada vermella. A actividade comeza ás 18:00 h na Biblioteca de Gondomar.
No Contomar da semana pasada, vinte e catro nenos e nenas achegáronse á biblioteca para desfrutar dos contos. Nesta ocasión foron Cristina, Marta, Luís e Cris os que leron Os mostros grandes non choran, Un agasallo diferente, Baldras, o xigante e O que máis doe do mundo. Ademais Luis presentou Soños na gaiola, de Manuel María, que é a proposta para o mes de marzo do Lendo Contigo, e Cristina celebrou o cumprecontos da súa filla, que levou de agasallo un marcapáxinas. estas son algunhas fotografías dese día:

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura