Este próximo sábado 19 de febreiro, a partir das 20:00h, o centro neural de Gondomar acollerá unha nova sesión do Comando Le, que estará dedicada á novela gráfica “Subnormal”, de Fernando Llor e Miguel Porto, publicada por Retranca Editora, na que se conta a historia de acoso escolar que sufriu na súa adolescencia Iñaki Zubizarreta, exxogador de baloncesto da ACB. A sesión, na que contaremos coa presenza dos dous autores, o guionista Fernando Llor e o debuxante Miguel Porto, permitiranos conversar e reflexionar sobre acoso, diversidade e vulnerabilidade, pero tamén sobre superación e esperanza, a partir dunha obra dura que permite dar visibilidade a un problema que afecta a moitos rapaces e rapazas en idade escolar.

Deixamos a continuación as imaxes da sesión anterior, na que os comandoleiros e comandoleiras asistiron á segunda parte dun obradoiro de escrita con Paula Carballeira:

Comando Le 29/01/2022