Etiqueta dinamización lectora

Piratas na Casa da Lectura

Na Casa da Lectura está prevista esta semana a visita de dous piratas moi perigosos: Anxo Crispo, alias Capitán Calabrote, e Luís Morgan, rei dos bucaneiros miñoranos, que nos traerán poemas, cancións e contos piratas. Se queredes embarcarvos nas súas…

Coidado, extraterrestres

Este mércores, na Casa da Lectura, a partir das 18.30 horas, esperamos unha visita extraplanetaria. Cómpre picar sobre a imaxe anterior para ler toda a información. Na sesión de dinamización lectora da semana pasada asistimos a unha divertida representación teatral…

Este luns Contomar

Este luns, 17 de xaneiro, a partir das 18.00 horas, no Recanto do Contomar escoitaranse, entre outros, os seguintes contos: Mago Antón, Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis e O neno mosquito. A semana pasada inauguramos…

Tic-tac, tic-tac, mañá toca Contomar

No Contomar deste luns, 29 de novembro, aprenderemos algunhas cancións do libro-disco Tic-tac de Pablo Díaz. Unha obra para ver, escoitar e cantar.Ademais, contaremos os seguintes contos: Paco trolas, A voda do galo pinto e Manda narices. Agardámosvos na Biblioteca…