Tam, Tim e Tom, na Casa da Lectura

Este mércores 14 de marzo, a sesión de dinamización lectora da Casa da Lectura estará centrada no conto “Tam,Tim e Tom” de Roberto Mezquita, editado por Oqo. No obradoiro, construiremos un boneco de papel.
A actividade comeza ás 18:00 horas e desde media hora antes aténdese o servizo de préstamo bibliotecario.

A semana pasada contamos tres contos da man de Sole, que se estreou como contadora: “Así es mi corazón”, “Inés do revés” e “O monstro de cores”. Con este último convidou a sete nenos e nenas a axudarlle a desenlear a lea de emocións que, convertidas en boliñas de cores, se mesturaran nun recipiente. Despois coloreamos os monstros dunha ruleta de emocións, pensando en que cor lle poriamos nós ás distintas emocións. Acabamos cantando todas xuntas nunha sesión moi emocionante. Estas son as fotos dese día:

Casa da Lectura, 2018/03/07