“Tanto canta conta tanto” este luns no Contomar

O próximo luns 23 de maio, ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos na Biblioteca Municipal de Gondomar.

Nesta ocasión contaremos co espectáculo de música e contos “Tanto canta conta tanto”.

Na sesión anterior contamos:

Gaivota gourmet (Xerais).
Unha cor propia (Kalandraka).
Unha familia normal (Kalandraka).
Paco papán (OQO).

Deixámosvos a continuación algunhas imaxes dese día:
Contomar 09.05.22