A Portada publicado por

Tarde de letras e palabras na Casa da Lectura

Tarde de letras e palabras na Casa da Lectura

Na sesión de dinamización lectora do mércores 21 de xaneiro pasaremos unha tarde de letras e palabras na Casa da Lectura. A partir dos contos Do A ao Z. Galicia e La grande fabrique de mots descubriremos como funciona a gran fábrica das palabras porque xa sabiades que falar é moi caro, non? Coma sempre, a sesión comeza ás 18:00 horas e media hora antes aténdese o servizo de préstamo.

Esta é a galería de imaxes da sesión da semana pasada. Nela, os monstros foron os protagonistas. Logo de ver varios contos, aprendemos que os monstros poden ter moitas formas e vivir en moitos sitios: na escuridade, nos ruídos, nos nosos soños, nos armarios… Para achegarnos máis a eles, contamos Onde viven os monstros, Gato Guille e os monstros e A visita dos domingos e, ao final da sesión, fixemos cadanseu monstro para levar ás nosas casas, pero… con moito ollo, porque son monstros que non comen galletas nin nenos, comen libros!! Uns marcapáxinas monstruosos!!

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura