Casa da Lectura publicado por

Tarde de monstros na Casa da Lectura

Tarde de monstros na Casa da Lectura

Este mércores 5, na Casa da Lectura, falaremos de monstros: imos descubrir cantos son, onde viven, como se chaman, que idioma falan… Para rematar, convidaremos os nosos monstros favoritos a visitar a Casa da Lectura para que nos conten o que máis lles gusta facer. Nós xa vos adiantamos que a nosa “monstra” come margaridas en primavera e canta rockn’roll.

A sesión será ás 18:30h, aínda que a Casa da Lectura permanecerá aberta, coma sempre, desde as 17:30h.

Deixámosvos aquí algunhas imaxes da sesión Xogamos cos contos da semana pasada, onde se ven os equipos tirando o dado, pensando as súas respostas e avanzando polo taboleiro á procura do seu tesouro.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura