A Portada publicado por

Tardes de conto no Contomar

Tardes de conto no Contomar

Este luns, 28 de novembro, continúan as sesións do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar. A partir das 18:00 horas, aquelas familias que o desexen poden asistir ao contacontos dirixido a nenos e nenas a partir de 3 anos.

A semana pasada acudiron á biblioteca 28 nenos e nenas que escoitaron as seguintes historias: «A princesa espacial», na voz de Jenny e dedicado a Leire polo seu cumprecontos; Fátima contounos «Cinco minutos de paz» para o cumprecontos de Ruth e Lara, ademais, a estas tres nenas cantámoslles os Parabéns e agasallámolas con cadanseu marcapáxinas; despois, Mali e a súa perruca azul introducíronnos no mundo de «Orellas de bolboreta» e, para finalizar, Marta leunos «Puag, que noxo».

As fotos dese día podense ver premendo nesta ligazón: https://goo.gl/photos/UD2kV8htCweDDwWi9

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura