A Portada publicado por

Tiramos do fío na Casa da Lectura

Tiramos do fío na Casa da Lectura

O mércores 22 de novembro celébrase a sesión semanal de dinamización lectora na Casa da Lectura. Nesta ocasión, leremos os contos O fío e Ire, e a continuación faremos un obradoiro. A actividade comeza ás 18:00 horas e media hora antes aténdese o servizo de préstamo bibliotecario.

Na sesión da semana pasada, Mali e Mirian ensináronnos que ser diferente é ser especial. Léronnos tres contos: Orellas de bolboreta, Nariz de ouro e Cada un é especial. Puxeron perrucas de cores, unhas orellas de bolboreta, un nariz extraordinario e amosáronnos no espello que todos e todas somos diferentes e especiais. Despois fixemos as nosas orellas e o noso nariz con papel e unha oveira de cartón, coas que puidemos vernos a nós mesmos, pero diferentes. Estas son as fotos dese día:

 
Casa da Lectura, 2017/11/15

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura