«Titiricontos», contos e monicreques no próximo encontro de Contos en Cueiros

O venres 17 de febreiro ás seis da tarde celebrarase a sesión mensual de Contos en Cueiros na Biblioteca Municipal de Gondomar.

Criterios de inscrición

Contamos cun aforo limitado a 25 bebés acompañados de 1 adulto. Os criterios de inscrición son os seguintes:

– Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición.

– Para inscribirse cómpre enviar un correo a contosencueiros@gmail.com e facilitar:

– o nome do bebé
– o ano denacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2014 ou despois
– o nome da persoa adulta que o vai acompañar
– un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera)
en caso de ser socios/as, o nome do socio/a

– Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza. Ese correo enviarase o día en que remata o prazo de inscrición: MÉRCORES anterior á sesión ás 12:00 h do mediodía.

A sesión do mes de xaneiro tivo como elemento vertebrador os peluches. Lemos tres contos: “Caracol e verme”, “Un elefante se balanceaba” e “Elmer e as cores” e démoslles vida empregando monecos de peluche. Para “Caracol e verme” e “Un elefante se balanceaba” fixemos unha recreación das historias utilizando peluches de cada un dos animais que saen nos contos. No conto de “Elmer” empregamos o seu moneco para darlle vida ao personaxe e fomos amosando os diferentes obxectos que se nomean no conto. Ao mesmo tempo, cada vez que se nomeaba unha cor, tirabamos papeliños desa cor enriba dos bebés, ata rematar co chan ateigado de papeis multicolores. Para rematar a sesión, deixamos que os bebés xogasen libremente cos peluches que espallamos pola biblioteca. Estas son as imaxes dese día: https://goo.gl/photos/G4zBHAZAGn1cxTGf6