A Portada publicado por

Tres actividades de fomento da lectura para esta fin de semana, na Casa da Lectura

Tres actividades de fomento da lectura para esta fin de semana, na Casa da Lectura
Espazo Lectura ofrece esta fin de semana tres actividades destinadas a público infantil e xuvenil de diferentes idades. Todas as actividades terán lugar na Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas, Gondomar), sede da asociación, que ofrece ademais servizo de préstamo bibliotecario.

O venres 27, ás 18:00 horas: Contos en Cueiros, para bebés de 0 a 3 anos.

O venres, a partir das 18:00 horas, a Casa da Lectura acollerá a primeira xuntanza da tempada do contacontos destinado a bebés e familias, para o cal é necesaria inscrición previa (contosencueiros@gmail.com).

O sábado 28, ás 12:00 horas: club Lendo Contigo, para nenos e nenas a partir de 7 anos

O sábado pola mañá inaugúrase a nova tempada do club de lectura destinadas a nenos e nenas de Primaria, acompañados das súas familias. Nesta ocasión falarase do libro “Fred Quincalla, o nómade do mar”, da autora Teresa González Costa, que estará ese día na Casa da Lectura para participar na actividade.

O sábado 28, ás 20:00 horas: xuntanza do Comando Le, para mozos e mozas a partir de 12 anos
O sábado 28 de outubro, de 20:00h a 22:30h, a Casa da Lectura acollerá a primeira sesión da tempada do Comando Le, o grupo de activismo cultural de Espazo Lectura para mozos e mozas de máis de 12 anos. No Comando Le achegámonos a diferentes temas a través do cine, a música, as conversas, as excursións, a amizade e, por suposto, a lectura. Ademais, como vén sendo habitual, os participantes cearán todos xuntos, polo que as persoas que asistan deben levar algo, doce ou salgado, para compartir.

Coa celebración destas sesións, todas as actividades que ofrece Espazo Lectura estrearán xa unha nova tempada centrada no fomento do libro e a lectura entre a poboación de todas as idades.

Facebook Twitter Digg Email
1

Espazo Lectura