Casa da Lectura publicado por

Tres actividades para o sábado, na Semana do Libro e a Lectura

Tres actividades para o sábado, na Semana do Libro e a Lectura

O sábado 21 de abril, continúa a programación da V Semana do Libro e a Lectura con tres actividades ao longo do día:

– Ás 12:00 da maña, na Biblioteca Municipal de Gondomar, terá lugar a sesión mensual do club de lectura Lendo Contigo. O libro no que se vai centrar a actividade é Carta urxente para Máximo Toxo (Galaxia, 2012), de Diego Rey.  O autor estará cos nenos e nenas que participen, que nesta ocasión serán máis, posto que nos vai visitar o club de lectura do CIP do Rosal.
Na anterior sesión do Lendo Contigo estivera con nós o autor Antón Cortizas, estas son algunhas imaxes dese día.

– Ás 18:00 horas, organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Gondomar, represéntase no Auditorio Lois Tobío a obra Carta urxente para Máximo Toxo, da compañía Talía Teatro, na cal se basea o libro anterior.

 

– Ás 22:30 horas, nova edición das Noites Golfas. A Casa da Lectura acollerá un espectáculo poético-musical de O Leo i Arremecághona baseado no seu poemario Hai cu (Xerais, 2007).

Facebook Twitter Digg Email

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *