Tristecentosversos, poesía + música en Nornas Hostel

O venres 15 de febreiro de 2013, ás 21:00h, Nornas Hostel abrirá a súas portas ao público para presentar o espectáculo Tristecentos Versos.
No acto poderase escoitar en directo poemas e música de Xabier Xil, Elvira Riveiro, Silvia Penas e Carina Posse.

Ademais da obra destes artistas, tamén se poderá desfrutar de bebidas e petiscos caseiros, elaborados por Nornas Hostel. A entrada será de 2 euros.